Volksbühne

Volksbühne
Volksbühne, Berlín
Coordenadas52°31′37″N 13°24′43″L / 52.526944444444, 13.411944444444
editar datos en Wikidata ]

O Volksbühne (literalmente "teatro do pobo" e oficialmente denominado Volksbühne am Rosa-Luxemburg-Plaz) é un teatro de Berlín, (Alemaña). Localizado en Rosa-Luxemburg-Platz, no distrito de Mitte, no centro da cidade, que foi parte do antigo Berlín Oriental.

O teatro en 1930

A iniciativa da organización Freie Volksbühne que promovía un teatro popular, a prezos accesibles para os traballadores que representase obras enmarcadas dentro do socialismo realista, o edificio contruíuse ao longo dos anos 1913 e 1914, deseñado por Oskar Kaufmann, integrando esculturas de Franz Metzner e contando cunha capacidade para 2000 espectadores. No decurso da segunda guerra mundial o teatro, como boa parte do resto da cidade, foi seriamente danado. A partir de 1947 a xestión pasou aos sindicatos da Alemaña Oriental. Entre 1950 e 1954 procedeuse á súa reconstrución seguindo dos deseños do arquitecto Hans Richter reducindo a súa capacidade ata os 800 espectadores.

Directores

[editar | editar a fonte]
1914–1932 1932–1965 Desde 1965
Emil Lessing (1914–1915) Heinz Hilpert (1932–1934) Karl Holán (1965–1974)
Max Reinhardt (1915–1918) Bernhard zu Solms-Laubach (1934–1936) Benno Besson (1974–1978)
Friedrich Kayßler (1918–1923) Eugen Klöpfer (1936–1944) Fritz Rödel (1978–1990)
Fritz Holl (1923–1928) Fritz Wisten (1953–1961) W. Wagner, M. van de Kamp, A. Hahn (1990–1991)
Heinrich Neft (1928–1929) Wolfgang Heinz (1961–1963) Annegret Hahn (1991–1992)
Karl Heinz Martin (1929–1932) Maxim Vallentin (1963–1965) Frank Castorf (1992-)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]