Tipo | Volta a Portugal |
---|---|
Deporte | ciclismo en ruta |
Parte de | UCI Europe Tour 2016 |
Distancia do evento | 1.618,7 km |
Lugar de saída | Oliveira de Azeméis e Lisboa |
Liña de meta | Lisboa e Viseu |
Número de participantes | 140, inicio 113, final |
Participantes | |
Androni Giocattoli-Sidermec 2016, Caja Rural-Seguros RGA 2016, Drapac 2016, Funvic Soul Cycles-Carrefour 2016, Roth 2016, Armée de Terre 2016, Astana City 2016, Boyacá Raza de Campeones 2016, Christina Jewelry 2016, Efapel 2016, Euskadi Basque Country-Murias 2016, LA Alumínios-Antarte 2016, Lokosphinx 2016, Louletano-Hospital de Loulé 2016, Rádio Popular-Boavista 2016, Sporting-Tavira 2016 e W52-FC Porto 2016 | |
Localización e Datas | |
País | Portugal |
Intervalo de tempo | 27 de xullo de 2016 – 7 de agosto de 2016 |
Número de edición | 78 |
Competición | |
Primeiro posto | Rui Vinhas Gustavo César Veloso Daniel Eduardo Silva Gustavo César Veloso Joni Brandão Alexander Vdovin W52-FC Porto |
Outro | |
Páxina web oficial | volta-portugal.com |
A 78ª edición da Volta a Portugal foi unha carreira ciclista por etapas que se disputou en Portugal. Comezou cun prólogo de 3,6 km o 27 de xullo en Oliveira de Azeméis e acabou cunha contra reloxo con fin en Lisboa o 7 de agosto. Esta proba forma parte do UCI Europe Tour coa categoría 2.1.
A carreira correuse en 11 etapas: 9 etapas en liña das cales 2 son de alta montaña, 1 prólogo de 3,6 km por Oliveira de Azeméis e 1 contra reloxo individual final de 32 km entre Vila Franca de Xira e a capital. En total, os ciclistas fixeron 1.618,7 km.
O gañador da Grandíssima foi o luso Rui Vinhas que aproveitou unha fuga de case 5 minutos con respecto ao pelotón na terceira etapa, que lle serviu para aguantar co xersei amarelo até o final. Na segunda posición final rematou o galego gañador das dúas edicións anteriores e máximo favorito ao título, Gustavo César Veloso. Ademais, o arousán gañou tres etapas (as dúas máis importantes e a contra reloxo final) e maillot verde dos puntos. No terceiro lugar rematou o tamén luso Daniel Silva.
Nas clasificacións secundarias, o colombiano Wilson Díaz levou a clasificación da montaña, o ruso Alexander Vdovin o xersei branco de mellor xove e o W52-FC Porto-Porta canal a clasificación por equipos por terceira vez consecutiva.
Tras varios anos con tan só 1 equipo Profesional Continental, este ano a calidade volveu aumentar. Na carreira participaron 18 conxuntos, dos cales 5 foron de categoría Profesional Continental e 13 de categoría Continental (6 portugueses e o resto estranxeiros).
Equipo | Código | Categoría |
---|---|---|
Androni Giocattoli-Sidermec | AND | Prof. Continental |
Arnée de Terre | ADT | Continental |
Astana City | TSE | Continental |
Boyacá Raza de Campeones | BRC | Continental |
Caja Rural-Seguros RGA | CJR | Prof. Continental |
Christina Jewelry Pro Cycling | SGT | Continental |
Drapac Professional Cycling | DPC | Prof. Continental |
Efapel | EFP | Continental |
Euskadi Basque Country–Murias | EUS | Continental |
Funvic Soul Cycles–Carrefour | FSC | Prof. Continental |
Inteja-MMR Dominican Cycling | DCT | Continental |
LA Aluminios-Antarte | LAA | Continental |
Lokosphinx | LOK | Continental |
Louletano-Hospital Loulé-Jorbi | LHL | Continental |
Rádio Popular-Boavista | RPB | Continental |
Team Roth | ROT | Prof. Continental |
Sporting Clube de Portugal/Tavira | TAV | Continental |
Verandas-Willems | WIL | Continental |
W52-FC Porto–Porto Canal | W52 | Continental |
Etapa | Data | Percorrido | km | Gañador | Líder |
Prólogo | 27 de xullo | Oliveira de Azeméis | 3,6 (CRI) | Rafael Reis | Rafael Reis |
1.ª | 28 de xullo | Ovar-Braga | 167,4 | Daniel Mestre | Daniel Mestre |
2.ª | 29 de xullo | Viana do Castelo-Fafe | 160 | Francesco Gavazzi | Daniel Mestre |
3.ª | 30 de xullo | Montalegre-Macedo de Cavaleiros | 158,9 | William Clarke | Rui Vinhas |
4.ª | 31 de xullo | Braganza-Mondim de Basto | 191,9 | Gustavo César Veloso | Rui Vinhas |
5.ª | 1 de agosto | Lamegol-Viseu | 153,2 | Vicente de Mateos | Rui Vinhas |
6.ª | 3 de agosto | Belmonte-Guarda | 173,7 | Gustavo César Veloso | Rui Vinhas |
7.ª | 4 de agosto | Figueira de Castelo Rodrigo-Castelo Branco | 182 | José Gonçalves | Rui Vinhas |
8.ª | 5 de agosto | Nazaré-Arruda dos Vinhos | 208,5 | Jesús Ezquerra | Rui Vinhas |
9.ª | 6 de agosto | Alcácer do Sal-Setúbal | 187,5 | Daniel Mestre | Rui Vinhas |
10.ª | 7 de agosto | Vila Franca de Xira-Lisboa | 32 (CRI) | Gustavo César Veloso | Rui Vinhas |
Total | 1.618,7 | Rui Vinhas |
---|
A seguinte táboa amosa as dez primeiras posicións da clasificación xeral tralo remate da carreira:
Posición | Ciclista | Equipo | Tempo |
---|---|---|---|
Rui Vinhas | W52–FC Porto–Porto Canal | 40h 57' 56" | |
2 | Gustavo César Veloso | W52–FC Porto–Porto Canal | + 1' 31" |
3 | Daniel Silva | Rádio Popular–Boavista | + 2' 49" |
4 | Raúl Alarcón | W52–FC Porto–Porto Canal | + 3' 30" |
5 | Joni Brandão | Efapel | + 3' 54" |
6 | Amaro Antunes | LA Aluminios-Antarte | + 5' 08" |
7 | Henrique Casimiro | Efapel | + 6' 03" |
8 | Vicente García de Mateos | Louletano–Hospital de Loulé | + 6' 30" |
9 | Rui Sousa | Rádio Popular-Boavista | + 6' 44" |
10 | Ricardo Vilela | Caja Rural-Seguros RGA | + 7' 21" |
Pos. | Ciclista | Equipo | Puntos |
---|---|---|---|
Gustavo César Veloso | W52 | 124 | |
2 | Daniel Mestre | Efapel | 89 |
3 | Francesco Gavazzi | Androni | 70 |
Pos. | Ciclista | Equipo | Puntos |
---|---|---|---|
Wilson Díaz | Funvic | 70 | |
2 | Joni Brandão | Efapel | 57 |
3 | Bruno Silva | LA Aluminios | 55 |
Pos. | Ciclista | Equipo | Tempo |
---|---|---|---|
Alexander Vdovin | Lokosphinx | 41h 39' 15" | |
2 | Diego Ochoa | Boyacá | + 17' 34" |
3 | Vitor Etxebarria | Boavista | + 18' 55" |
Pos. | Equipo | Tempo |
---|---|---|
W52–FC Porto–Porto Canal | 122h 54' 24 | |
2 | Radio Popular-Boavista | + 16' 46" |
3 | Efapel | + 33' 33" |