Tipo | carreira por etapas |
---|---|
Deporte | ciclismo en ruta |
Localización e Datas | |
Localización | Turquía 39°N 36°L / 39, 36 |
Vixencia | 1965 – |
Calendario da tempada | abril – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Outro | |
Páxina web oficial | tourofturkey.org.tr |
A Volta a Turquía (en turco: Cumhurbaşkanlığı Bisiklet Turu) é unha volta ciclista por etapas que se disputa en Turquía todos os anos. Conta con categoría 2.HC do UCI Europe Tour dende o 2010, aínda que anteriormente contou con outros coeficientes. Dende o 2006, tivo categoría 2.2 mentres que entre o 2008 e o 2010 contou con coeficiente 2.1.
Dispútase dende o ano 2002, aínda que dende 1967 xa se levaban disputando outras edicións illadas. A primeira edición foi afeccionada mentres que as dúas seguintes xa foron da máxima categoría afeccionada, a 2.6. e logo de 2.5 (última gategoría profesional). Dende a creación dos Circuítos Continentais UCI sempre formou parte do circuíto europeo, aínda que non sempre co mesmo coeficiente.
Realízase en oito etapas, aínda que nalgunhas ocasións a primeira é un prólogo ou unha carreira de exhibición. Normalmente, saía de Istambul e acababa en Alanya, porén dende a edición de 2012 vense facendo ao revés, con inicio en Alanya e chegada en Istambul.
O único ciclista con dúas vitorias é o iraniano Ghader Mizbani. O actual campión é o portugués José Gonçalves.
Dende o 2016, as clasificacións que se disputan son as seguintes:
Lista de gañadores dende o ano 2002.
Ano | Gañador | Equipo |
---|---|---|
2002 | Ghader Mizbani | Telekom Malaysia Cycling Team |
2003 | Mert Mutlu | |
2004 | Ahad Kazemi | Giant Asia Racing Team |
2005 | Svetoslav Tchanliev | Cycling Club Bourgas |
2006 | Ghader Mizbani | Brisaspor |
2007 | Ivailo Gabrovski | Velo-M-Hemus-Makedonya |
2008 | David García | Karpin Galicia |
2009 | Daryl Impey | Barloworld |
2010 | Giovanni Visconti | ISD-Neri |
2011 | Alexander Efimkin | Team Type 1–Sanofi Aventis |
2012 | Alexsandr Dyachenko | Astana) |
2013 | Natnael Berhane | Team Europcar |
2014 | Adam Yates | Orica-GreenEDGE |
2015 | Kristijan Đurasek | Lampre-Merida |
2016 | José Gonçalves | Caja Rural-Seguros RGA |
Lista de vitorias por países dende o 2002.
País | Vitorias |
---|---|
Irán | 3 |
Bulgaria | 2 |
Galiza | 1 |
Turquía | |
Suráfrica | |
Rusia | |
Italia | |
Eritrea | |
Reino Unido | |
Casaquistán | |
Croacia |