Voo 11 de Allied Air | |
---|---|
![]() O Boeing 727 accidentado
| |
Resumo | |
Data | 2 de xuño de 2012 |
Causa | saída de pista |
Lugar | aeroporto de Kotoka |
Coordenadas | |
Orixe | aeroporto Murtala Muhammed |
Destino | aeroporto de Kotoka |
Finados | 12 (todos en terra) |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | Boeing 727-221F Advanced |
Operador | Allied Air |
Rexistro | 5N-BJN |
Pasaxeiros | 0 |
Tripulación | 4 |
Superviventes | 4 |
O voo 11 de Allied Air foi un accidente de aviación ocorrido o sábado 2 de xuño de 2012 ao redor das 19:15 hora local no aeroporto de Kotoka en Accra, Ghana. Un Boeing 727-200 de carga operado por Allied Air[1] saíuse da pista na aterraxe, atravesou o valado do perímetro e golpeou un autobús na estrada. Os catro membros da tripulación sobreviviron, pero as 10 persoas a bordo do autobús morreron, xunto cun cicista e o pasaxeiro dun taxi.[2] Houbo ademais varios feridos en terra. Cando o avión se esnafrou había chuvia e pouca visibilidade na zona.
O goberno de Ghana anunciou que se formaría unha comisión de investigación do accidente.[3] A causa do accidente segundo a comisión de investigación foi que a tripulación calculou mal o punto de aterraxe, tocando máis adiante de onde debería.[4] Trátase do peor accidente de aviación de Ghana.[5]
Uns 20 anos antes o mesmo avión realizara o derradeiro voo para Pan American World Airways dende Bridgetown, Barbados ata Miami, Florida.[1]