Voo 1320 de Eastern Air Lines Shuttle | |
---|---|
![]() DC-9 semellante ao do accidente
| |
Resumo | |
Data | 17 de marzo de 1970 |
Causa | secuestro |
Lugar | aeroporto Logan |
Coordenadas | |
Orixe | aeroporto de Newark |
Destino | aeroporto Logan |
Finados | 1 |
Feridos | 2 |
Aeronave | |
Operador | Eastern Air Lines |
Rexistro | N8925E |
Pasaxeiros | 68 |
Tripulación | 5 |
Superviventes | 72 |
O voo 1320 de Eastern Air Lines Shuttle era un servizo de pasaxeiros entre Newark e Boston que foi secuestrado ao redor das 7:30 p.m. do día 17 de marzo de 1970 por John J. Divivo, armado cun revólver do calibre 38.[1] O capitán Robert Wilbur Jr., de 35 anos e antigo piloto da forza aérea que fora promocionado a capitán só seis meses antes, foi disparado no brazo polo secuestrador. A pesar das súas feridas, voou o avión con seguridade ata aterralo mentres falaba coa torre, dicíndolle que o copiloto fora disparado (pero non el) e necesitaba unha ambulancia. O seu copiloto, o primeiro oficial James Hartley, de 30 anos, fora disparado sen aviso por Divivo e colapsou. A pesar de resultar mortalmente ferido Hartley recuperouse o suficiente como para quitarlle a arma a Divivo e dispararlle tres veces antes de caer inconsciente e finalmente morrer. Aínda que resultou ferido e caeu entre os asentos, Divivo levantouse e comezou a golpear ao capitán Wilbur, intentando forzar un accidente. Wilbur golpeou a Divivo na cabeza coa arma que recuperara da consola central.[2] O piloto foi capaz de aterrar o avión no aeroporto Logan de Boston, e o secuestrador foi arrestado inmediatamente.[3] O día 1 de novembro Divivo colgouse mentres agardaba o seu xuízo na cadea.[4]