Voo 1907 de Gol Transportes Aéreos | |
---|---|
Imaxe do accidente xerada por ordenador
| |
Resumo | |
Data | 29 de setembro de 2006 |
Causa | colisión no aire debido a erros do ATC e posible erro do piloto do Legacy |
Lugar | 200 km ao leste de Peixoto de Azevedo |
Coordenadas | |
Finados | 154 |
Primeira aeronave | |
Tipo de aeronave | Boeing 737-8EH |
Operador | Gol Transportes Aéreos |
Rexistro | PR-GTD |
Pasaxeiros | 148 |
Tripulación | 6 |
Superviventes | 0 |
Segunda aeronave | |
Tipo de aeronave | Embraer Legacy 600 |
Operador | ExcelAire |
Rexistro | N600XL |
Pasaxeiros | 5 |
Tripulación | 2 |
Superviventes |
O voo 1907 de Gol Transportes Aéreos era un servizo doméstico de pasaxeiros dende Manaus e Río de Xaneiro operado por un Boeing 737-8EH. Na tarde do 29 de setembro de 2006 colisionou no aire cun avión executivo Embraer Legacy 600 sobre o estado brasileiro de Mato Grosso. O Boeing 737 desintegrouse no aire e esnafrouse nunha zona de densa xungla matando os 154 pasaxeiros e tripulantes a bordo; a pesar de recibir danos serios na súa á esquerda e cola, o Embraer Legacy aterrou cos seus sete ocupantes ilesos.[1][2][3]
O accidente foi investigado polo Centro de Investigación e Prevención de Accidentes Aeronáuticos brasileiro (CENIPA) e a Xunta Nacional para a Seguridade no Transporte estadounidense (NTSB), e o informe final foi publicado en 2008. O CENIPA concluíu que o accidente foi causado por erros do control de tráfico aéreo (ATC) combinados con fallos dos pilotos estadounidenses do Legacy, mentres que a NTSB determinou que ámbalas dúas tripulacións actuaron correctamente e foron situadas nun rumbo de colisión polo ATC, estimando que a decisión dos pilotos do Legacy de desactivar o seu sistema TCAS só foi un factor que axudou en vez dunha causa directa.[1][2][4]
O accidente, que provocou unha crise na aviación civil brasileira, na época foi o peor do país. É o segundo peor accidente no Brasil tras o voo 3054 de TAM Airlines en 2007.