Voo 4184 de American Eagle | |
---|---|
ATR 72-212 semellante ao do accidente
| |
Resumo | |
Data | 31 de outubro de 1994 |
Causa | formación de xeo |
Lugar | preto de Roselawn, Indiana |
Coordenadas | |
Orixe | aeroporto de Indianapolis |
Destino | aeroporto O'Hare |
Finados | 68 |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | ATR 72-212 |
Operador | American Eagle |
Rexistro | N401AM |
Pasaxeiros | 64 |
Tripulación | 4 |
Superviventes | 0 |
O voo 4184 de American Eagle era un servizo doméstico regular de pasaxeiros dende Indianapolis, Indiana ata Chicago, Illinois. O día 31 de outubro de 1994 o ATR 72 que operaba a ruta voou en condicións severas de xeo, perdendo o control e esnafrándose nun campo. As 68 persoas a bordo morreron no impacto a gran velocidade.[1]
O aparello implicado no accidente era un ATR 72-212 con rexistro N401AM,[2] equipado con dous motores turbohélice Pratt & Whitney Canada PW127.[3] Realizara o seu primeiro voo o 7 de marzo de 1994, e fora entregado a American Eagle o 24 de marzo. Foi operado por Simmons Airlines no nome de American Eagle.[1][4] American Eagle era a marca de aeroliña rexional da AMR Corporation, antes da formación de American Eagle Airlines.