Voo 9646 de Cubana de Aviación | |
---|---|
Un Il-62 semellante ao do accidente
| |
Resumo | |
Data | 3 de setembro de 1989 |
Causa | erro do piloto |
Lugar | A Habana |
Coordenadas | |
Orixe | aeroporto José Martí |
Derradeira escala | Milán-Malpensa |
Destino | aeroporto de Colonia/Bonn |
Finados | 150 |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | Ilyushin Il-62M |
Operador | Cubana de Aviación |
Rexistro | CU-T1281 |
Pasaxeiros | 115 |
Tripulación | 11 |
Superviventes | 0 |
O voo 9646 de Cubana de Aviación era un servizo chárter operado por un Ilyushin Il-62M, con rexistro CU-T1281, que se esnafrou o 3 de setembro de 1989, pouco despois de engalar do aeroporto internacional José Martí.[1]
O voo 9646 estaba operando un servizo internacional entre A Habana e Colonia, cunha escala en Milán. O accidente matou os 126 ocupantes do avión e 24 persoas en terra.
O avión engalou no medio dunha forte chuvia e de refachos de vento de 48–80 km/h.[1][2] A tripulación recolleu os flaps da posición inicial de 30º a 15º, nun intento de gañar velocidade, pero esta acción reduciu a habilidade do avión de proporcionar sustentación.[3] O aparello trepou ata os 53 metros (174 pés), onde foi golpeado por unha corrente descendente que causou que chocase contra o final da pista, golpeando despois unhas instalacións de navegación e un pequeno outeiro antes de esnafrarse nunha área residencial, ao redor dun minuto despois da engalaxe.[1][3] As 126 persoas a bordo, 115 pasaxeiros e 11 tripulantes, morreron no accidente.[2][4] Ademais 24 persoas en terra tamén morreron.[1]
Os investigadores atribuíron o accidente do voo 9646 á decisión dos pilotos de voar despois dunha deterioración considerable das condicións meteorolóxicas. O piloto subestimou os riscos de engalar e xulgou mal o rendemento do avión en mal tempo.[5]