Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1424 ![]() Bruxelas, Bélxica ![]() |
Morte | 14 de xuño de 1495 (Gregoriano) ![]() Bruxelas, Bélxica ![]() |
Actividade | |
Lugar de traballo | Bruxelas (1445 (Gregoriano)–1495 (Gregoriano)) ![]() |
Ocupación | pintor, delineante ![]() |
Movemento | Pintura flamenga primitiva ![]() |
Vrancke van der Stockt, nado en Bruxelas antes de 1420, e finado ibídem o 14 de xullo de 1495[1] foi un debuxante e pintor flamengo seguidor de Rogier van der Weyden, con quen probablemente traballou. As poucas obras súas que se conservaron pódense considerar que son da escola dos flamengos primitivos.
Van der Stockt tivo o contacto coa pintura grazas ó seu pai, o tamén pintor Jan van der Stockt, de quen herdou o obradoiro e todo o material necesario para exercer o oficio en 1445, ano no que se converte en membro do gremio de San Lucas. Foi un seguidor do estilo de Rogier van der Weyden, de quen moi probablemente foi colaborador. Cando Rogier morreu en 1464 pasou a ser pintor da cidade de Bruxelas,[2] malia que inicialmente decidira non nomear ningún outro pintor oficial.[1]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vrancke van der Stockt ![]() |