Na mitoloxía nórdica, Vígríðr tamén coñecido como Óskópnir, é un gran campo de batalla onde combaterán as forzas dos deuses Æsir e as forzas do xigante Surtr como parte dos eventos do Ragnarök. O lugar cítase na Edda poética, compilada no século XIII de anteriores obras literarias, así como na Edda prosaica, ambas escritas polo poeta islandés Snorri Sturluson. A Edda poética menciona brevemente o campo de batalla onde ambas partes se enfrontaban, mentres que a Edda prosaica ofrece unha información máis ampla, anticipando que é un lugar onde morrerán moitas deidades (e os seus inimigos) antes que o mundo sexa engulido polo lume e renaza,
No antigo nórdico, Vígríðr significa "lugar onde se celebra a batalla".[1][2][3] A orixe do outro nome, Óskópnir aínda é obxecto de debate, pero decántase cara "a (aínda non) orixinada",[4] "sen celebrar"[5] ou "sen facer".[6]