Wabag

Modelo:Xeografía políticaWabag
Imaxe

Localización
Mapa
 5°29′S 143°42′L / -5.48, 143.7
Reinos da CommonwealthPapúa Nova Guinea
RexiónsRegião das Terras Altas (pt) Traducir
ProvinciasEnga Editar o valor en Wikidata
Capital de
Xeografía
Altitude1.830 m Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
UTC+10 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Wabag é a capital da provincia de Enga, Papúa Nova Guinea. É a capital provincial menos poboada, con 4 072 habitantes no ano 2000. Atópase na beira do río Lai e a Highlands Highway pasa a través da poboación, uníndoa con Mount Hagen e Porgera. Os primeiros europeos chegaron en 1938-39, cando se estableceu un campamento de radio e unha pista de aterraxe.[1]

Pouco antes da súa independencia, en 1975, baixo administración australiana, cando estaba establecido o distrito de Western Highlands, separouse Enga como distrito diferente, para logo, tras a independencia, converterse en provincia con Wabag como capital provincial.

Está composta por unha poboación rural que se dedica ao cultivo do café e ao piretro, mais as loitas tribais, como as dificultades de comercialización, fan que sexa unha zona pobre. Hai problemas de seguridade con crimes violentos e roubos frecuentes.[2] Os edificios do goberno provincial de Enga xa teñen ardido máis dunha vez.

  1. "Wabag." Encyclopædia Britannica Online. Consultado o 25 de setembro de 2011.
  2. E.A. Markham. A Papua New Guinea Sojourn. Manchester: Carcanet Press Ltd, 1998.