Nome orixinal | (ar) وائل الدحدوح |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (ar) وائل حمدان إبراهيم الدحدوح 30 de abril de 1970 (54 anos) Gaza, Estado de Palestina |
Residencia | Qatar |
Relixión | Islam |
Educación | Al-Quds University (en) - planeamento regional (pt) (–2007) Universidade Islámica de Gaza - xornalismo (–1998) |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, reporteiro |
Empregador | Al Jazeera (2004–) Al Arabiya (pt) (2003–2004) SAHAR English TV (en) (2000–2003) Al-Quds (en) Voice of Palestine (en) Al Jazeera Media Network (pt) |
Familia | |
Fillos | Hamza al-Dahdouh |
Cronoloxía | |
7 de outubro de 2023-valor descoñecido | Conflito israelí-palestino de 2023 |
Dahdouh family massacre (en) | |
Wael Al-Dahdouh (árabe: وائل الدحدوح), nado en Gaza o 30 de abril de 1970, é un xornalista palestino e o xefe de axencia de Al Jazeera na cidade de Gaza.[1][2] A súa carreira, que comezou en 1998, tamén abarcou traballar no xornal Al-Quds, actuando como correspondente da Voz de Palestina, na Segunda Intifada contra a ocupación israelí, e como correspondente de Al Arabiya, traballando con Al-Jazeera a partir de 2004.
A súa muller, a súa filla de sete anos e o fillo de quince morreron nun ataque aéreo israelí contra o campo de refuxiados de Nuseirat durante o conflito israelí-palestino de 2023, ademais de oito dos seus familiares. O 15 de decembro de 2023, mentres Al-Dahdouh e o seu compañeiro de cámara Samer Abu Daqqa cubrían o ataque aéreo da Escola de Haifa en Khan Yunis, foron alcanzados por un mísil israelí, ferindo a Dahdouh e deixando grave ao seu colega Abu Daqqa. Malia a morte de moitos familiares e das súas feridas, volveu axiña a informar sobre a guerra despois de ambos os incidentes.[3][4][5] O seu fillo, o xornalista Hamza al-Dahdouh, foi asasinado nun bombardeo israelí en Khan Younis o 7 de xaneiro de 2024,[6] e dous dos seus sobriños foron asasinados nun bombardeo o día seguinte.[7]