Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Reino dos Países Baixos | ||||
País | Países Baixos | ||||
Provincias | Frisia | ||||
Former grietenij (en) | Ooststellingwerf (pt) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Código BAG | 1765 | ||||
Sitio web | waskemeer.nl |
Waskemar é unha entidade de poboación no norte do concello de Ooststellingwerf na provincia neerlandesa de Frisia que contaba o ano 2019 con 840 habitantes[1].
No límite co concello de Opsterlân, sitúase na parte norte do concello, unha zona de fala frisoa[2] mentres o resto do termo municipal é de fala tradicional baixosaxoa.
O territorio estaba baixo a xurisdición de De Haule e era unha zona rica en turba, propiedade dunhas poucas familias, unha delas a dos Lycklama á Nijeholt que obstentaron hereditariamente alcaldía de Ooststellingwerf entre 1647 e 1862. O lugar apareceu por primeira volta co nome neerlandés De Cruijmten (en frisón De Kromten) nun mapa de 1748. Posteriormente coñeceuse como Haulerwyk-Beneden. En 1954 recibiu o status de dorp [3] e o nome oficial neerlandés de Waskemeer, un topónimo que deriva dunha lagoa localizada a uns dous quilómetros ao oeste, Waskmar e xa no concello de Opsterlân, na que os gandeiros da zona ían lavar as ovellas.