Webmin | |
---|---|
![]() | |
Instancia de | Painel de controle (pt) ![]() ![]() |
Uso | Painel de controle (pt) ![]() ![]() |
Licenza | Licenza BSD ![]() |
Versións
| |
Características | |
Linguaxe de programación | Perl ![]() |
Datas e localizacións | |
Creación | 5 de outubro de 1997 ![]() |
Contacto | |
Páxina WEB | webmin.com ![]() |
Repositorio | github.com… ![]() |
[ Wikidata ] [ G:Commons ] [ C:Commons ] |
Webmin é unha aplicación web pensada para a administración de servidores dende calquera navegador licenciada baixo licenza BSD. Este software fai que os servidores poidan ser manexados de xeito remoto e cunha interface amigable, tendo cada servidor o seu propio panel de control en modo GUI, sen necesidade de usar unha terminal en liña de comandos.
Desenvolvido na versión 5.002 da linguaxe Perl, Webmin permite o control de moitos dos principais servidores utilizados hoxe en día (BIND, ProFTPD, Apache, Samba, MySQL, PostgreSQL, SSH, etc). O seu porto por defecto é o 10000 [1]
Está optimizado principalmente para sistemas Unix sendo Linux onde é máis corrente atopalo, inda que pode ser usado en sistemas Windows cunha funcionalidade algo limitada[2].
Unha característica deste xestor é a sinxeleza coa que se manexa a paquetería de software para a instalación de novos programas ou a actualización dos mesmos, xa que as dependencias son resoltas de xeito automático por Webmin. A parte negativa deste proceso é que o administrador dos sistemas terá que confiar nos repositorios de Webmin [3]. Por outra banda, a interface gráfica non é tan potente ou flexible como a liña de comandos.
Existen moreas de plugins para o programa cos que pode ser personalizado para conseguiren certas características coas que non conta a aplicación cando se instala, sendo este un programa de xestión modular [4]
Ten soporte para moitas linguas, entre elas todos os idiomas oficiais na Península Ibérica (castelán, portugués, catalán, éuscaro e inglés) agás o idioma galego[5].
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Webmin |