West Coast Eagles | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | ||||
Completo | West Coast Eagles Football Club | |||
Alcume(s) | Eagles | |||
Canción | We're the Eagles | |||
Temporada 2020 | ||||
After finals | 7º (Elimination Final) | |||
Liga | 5º | |||
Goleador | Josh Kennedy (31 goles) | |||
Mellor | Nic Naitanui (Medalla John Worsfold) | |||
Detalles do club | ||||
Fundación | 20 de outubro de 1986 (38 anos) | |||
Cidade | Perth, Australia Occidental | |||
Cores | Azul mariño Ouro | |||
Competición | AFL: Masculino AFLW: Feminino WAFL: Reserva | |||
Propietarios | West Australian Football Commission | |||
Director | Russell Gibbs | |||
CEO | Trevor Nisbett | |||
Adestrador | AFL: Adam Simpson AFLW: Daniel Pratt | |||
Capitán(s) | AFL: Luke Shuey AFLW: Emma Swanson | |||
Premierships | AFL (4)
| |||
Estadio(s) | AFL: Optus Stadium (60 000) AFLW: Mineral Resources Park (6 500) | |||
Antes | WACA Ground (1987–2000) Subiaco Oval (1987–2017) | |||
Uniformes | ||||
| ||||
Outra información | ||||
Páxina web | WestCoastEagles.com.au |
Os West Coast Eagles, oficialmente West Coast Eagles Football Club[1] e usualmente abreviado como Eagles (do inglés: Aguias) ou West Coast (do inglés: Costa Oeste), é un club profesional de fútbol australiano con sede no barrio de Lathlain, en Perth, Australia Occidental. O club foi fundado en 1986 como un dos dóus equipos de expansión da Australian Football League (AFL), naquela altura chamada Victorian Football League.
Os West Coast Eagles son un dos equipos da AFL máis exitosos da era AFL. En 1992 foron o primeiro equipo de fóra do estado de Victoria en xogar e gañar unha Grand Final da AFL. Desde aquela repetiron títolo en 1994, 2006 e 2018. Isto fai que sexa o segundo equipo con máis premierships desde 1990, tan só por detrás dos cinco de Hawthorn.[2] Son ademais un dos club con máis apoiados e rentábeis da competición, superando en 2020 os 100 000 afiliados.[3] O club conta tamén con equipo feminino da AFLW e de reservas na West Australian Football League.