(2018) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (da) Sannie Charlotte Carlson 11 de abril de 1970 (54 anos) Skælskør, Dinamarca (pt) |
Outros nomes | Whigfield Naan Sannie |
Actividade | |
Ocupación | cantante, actriz, produtora musical, modelo, compositora de cancións |
Período de actividade | 1992 - |
Xénero artístico | Música pop e Eurodance (pt) |
Instrumento | Voz |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Sitio web | whigfield.eu |
Sannie Charlotte Carlson[1], máis coñecida polo nome artístico de Whigfield, nada en Skælskør o 11 de abril de 1970, é unha cantante dinamarquesa. É coñecida polo tema "Saturday Night", un tema popular no verán europeo de 1994.
Pasou varios anos da súa infancia en África, para volver máis tarde á súa terra natal. Saltou ao estrelato coa súa canción "Saturday Night", que pasou a ser o maior hit do verán europeo de 1994, grazas ao que foi tocado repetidamente nas discotecas mediterráneas e que tiña unha letra que moitos aprenderon facilmente. Whigfield converteuse na primeira artista non británica a debutar como número 1 na primeira semana de valoración do Reino Unido. A súa música tivo tamén moito éxito no Brasil, España, Canadá, Australia, Francia, nos países nórdicos e na América latina durante o fenómeno eurodance de 1994.
Outras cancións posteriores destacados son "Think of You", "Close to You", "Last Christmas", "Gimme Gimme" e "Sexy Eyes".
Ao igual que acontecera con Milla Vanilli, Whigfield foi acusada de non cantar as súas propias cancións. Isto debíase a que as súas presentacións en vivo sempre as facía coa voz pregravada. "Saturday Night" foi producido por Larry Pignagnoli e David Riva, dous produtores italianos coñecidos pola súa variedade de proxectos eurodance, quen adoitaban traballar con vocalistas como Daniella Galli (máis coñecida como Dhany), Annerley Gordon (Ann Lee) e Sandy Chambers. O feito de que Galli escribise a letra de "Saturday Night", e que outro proxecto de Pignagnoli, Ally & Jo tivese unha voz similar á de Whigfield pero con outra cara na carátula do CD, promoveu as acusacións.
En setembro e outubro de 2008 Whigfield presentouse no programa británico Everybody Dance Now e no programa portugués A minha geração de Catarina Furtado. Ademais fixo varias intervencións no proxecto Favretto feat.
Tamén hai outras versións de "Amazing and beautiful", "Another day", "Baby boy", "Be my baby", "Close to you", "Doo whop", "Gimme Gimme", "Givin 'All my Love", "Gotta Getcha", "Much More", "No Tears to Cry", "Saturday Night" (máis de 20 remisturas), "Sexy Eyes", "Think of you", "Waiting for Saturday" e "Was a Time".