Whole New Mess | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Angel Olsen | ||||
Publicado | 28 de agosto de 2020 | |||
Gravación | outubro de 2018 | |||
Estudio(s) | The Unknown, Anacortes, Washington | |||
Duración | 42:05 | |||
Xénero(s) | indie rock, indie folk | |||
Selo(s) | Jagjaguwar | |||
Produtor | Angel Olsen, Michael Harris | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Whole New Mess é o quinto álbum de estudio da cantautora estadounidense Angel Olsen, publicado o 28 de agosto de 2020 a través do selo Jagjaguwar.[1] Gravado por Olsen e o enxeñeiro Michael Harris nunha igrexa convertida en estudio, o disco contén temas do seu traballo de 2019 All Mirrors con arranxos máis intimistas.[1]
Whole New Mess gravouse en dez días no mes de outubro de 2018 co enxeñeiro Michael Harris. A parella traballou illada na cidade de Anacortes, Washington, gravando nunha igrexa católica reconvertida.[2] Olsen usaría os corredores da igrexa para crear un efecto eco natural para as súas voces.[2]
O álbum gravouse antes do álbum de 2019, All Mirrors, que contén moitas das cancións dun xeito distinto: "Cando o fixemos [Whole New Mess], eu estaba aínda procesando moitas das cancións, polo que para min é máis difícil escoitar este disco que escoitar All Mirrors. Cando gravei All Mirrors estaba involucradas outras persoas, o que fixo separarme dos temas. Podería meterme neles dun xeito distante. En Whole New Mess sinto todas as sensacións que evocan".[2]
N.º | Título | Duración | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1. | "Whole New Mess" | 3:42 | |||||||
2. | "Too Easy (Bigger Than Us)" | 2:32 | |||||||
3. | "(New Love) Cassette" | 2:50 | |||||||
4. | "(We Are All Mirrors)" | 2:36 | |||||||
5. | "(Summer Song)" | 4:09 | |||||||
6. | "Waving, Smiling" | 3:52 | |||||||
7. | "Tonight (Without You)" | 4:01 | |||||||
8. | "Lark Song" | 6:30 | |||||||
9. | "Impasse (Workin' for the Name)" | 3:48 | |||||||
10. | "Chance (Forever Love)" | 5:29 | |||||||
11. | "What It Is (What It Is)" | 2:36 | |||||||
42:05 |