Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1724 Dresde, Electorado de Saxonia (Sacro Imperio Romano Xermánico) |
Morte | 13 de outubro de 1765 Bruck an der Mur (actual Baixa Austria) |
País de nacionalidade | alemá |
Formación profesional | Medicina |
Actividade | |
Ocupación | Botánico, entomólogo, médico, naturalista, ornitólogo |
Lingua | latín |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | Kramer |
Wilhem Heinrich Kramer, nado en 1724 en Dresde, Electorado de Saxonia (Sacro Imperio Romano Xermánico), e finado o 13 de outubro de 1765 en Bruck an der Mur (actual Baixa Austria), foi un médico e naturalista alemán.[1]
Kramer estudou Medicina en Viena, e practicou como médico en Bruck, cerca da capital, polo menos durante catorce anos.
Publicou en 1756 a obra Elenchus Vegetabilium and Animalium per Austriam inferiorem Observatorum, unha flora e fauna da Baixa Austria, notábel sobre todo porque foi un dos primeiros traballos nos que se adoptou a nomenclatura binominal de Linneo. Nese libro Kramer creou o termo pratincola para a ave Glareola pratincola, e que foi adaptado ao inglés na seguinte obra de Thomas Pennant en 1773.
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Wilhelm Heinrich Kramer |