Retrato de William Adam por William Aikman (1727) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1689 Kirkcaldy, Fife, Escocia |
Morte | 24 de xuño de 1748 Edimburgo |
Lugar de sepultura | Greyfriars Kirkyard (pt) |
País de nacionalidade | británica |
Actividade | |
Ocupación | canteiro, arquitecto e empresario |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Mary Robertson (1716–) |
Fillos | William Adam, Margaret Adam, Susannah Adam, Janet Adam, Helen Adam, Mary Adam, John Adam (arquiteto), Robert Adam, James Adam |
Pais | John Adam e Helen Cranstoun |
William Adam, nado en 1689 en Kirkcaldy, Fife, Escocia, e finado en Edimburgo o 24 de xuño de 1748, foi un canteiro, arquitecto e empresario escocés.
Adam foi o arquitecto máis importante do seu tempo en Escocia,[1][2] xa que deseñou e construíu numerosas casas de campo e edificios públicos e, frecuentemente, participou máis como contratista que como arquitecto.
Entre as súas obras máis coñecidas están a Casa Hopetoun, preto de Edimburgo, e a Casa Duff en Banff.
O seu estilo exuberante e individual de construción en estilo palladiano, pero con detalles barrocos inspirados por John Vanbrugh e a arquitectura continental europea.
No século XVIII Adam estaba considerado como o «arquitecto universal» (Universal Architect en inglés) de Escocia.[3]
Porén, desde o século XX, os críticos de arquitectura adoptaron unha postura máis moderada: Colin McWilliam, por exemplo, buscou a calidade da súa obra «ao variar a un grao extremo».[1]
Ademais de ser un arquitecto, Adam participou en varios esquemas empresariais de mellora industrial, entre elas a minaría do carbón, extracción de sal, canteiras de pedra e muíños.
En 1731 comezou a construír a súa propia propiedade en Kinross-shire, que el nomeou "Blair Adam".
Foi o pai de tres arquitectos: John, Robert e James; os dous últimos foron os creadores do «estilo Adam».[4]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: William Adam |