Sir William Jardine, nado o 23 de febreiro de 1800 en Edimburgo, e finado na mesma cidade o 21 de novembro de 1874, foi un nobre (7º baronet de Applegirth) e naturalista escocés.
Jardine contribuíu considerabelmente á vulgarización da historia natural no Reino Unido vitoriano, editando a moi popular The Naturalist's Library (en corenta volumes). Esa obra está dividida en catro partes principais: ornitoloxía, mamiferoloxía, entomoloxía e ictioloxía. Cada parte foi preparada por eminentes naturalistas. Entre os artistas que colaboraron nese proxecto está Edward Lear (1812-1888).
Outras publicacións de Jardine son:
Jardine foi o autor de numerosas descricións de especies de aves, moitas delas en colaboración co seu amigo Prideaux John Selby (1788-1867).
A abreviuatura Jardine emprégase para recoñecer a William Jardine como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: William Jardine |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: William Jardine |