Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de xaneiro de 1800 Australia |
Morte | 21 de marzo de 1829 (29 anos) Bathurst, Australia (pt) |
Causa da morte | doenza |
Windradyne, nado en 1800 e finado o 21 de marzo de 1829, foi un guerreiro aborixe australiano e líder do pobo wiradjuri. Windradyne liderou ó seu pobo nas Guerras de fronteira de Australia, un movemento de resistencia dos indíxenas australianos en contra da ocupación das súas terras polos colonos británicos.[1] Tamén foi coñecido polo nome de Saturday (sábado en galego), nome dado polos colonos. Outros nomes son Windrodine ou Windradene.