World Professional Association for Transgender Health | |
---|---|
Acrónimo | WPATH |
Tipo | organización non gobernamental internacional, organização transgénero e 501(c)(3) |
Campo de traballo | transgender health |
Data de fundación | 1979 |
Sede | East Dundee |
País | Estados Unidos de América |
42°05′23″N 88°14′48″O / 42.089809311111, -88.246802988889 | |
Na rede | |
https://www.wpath.org/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A World Professional Association for Transgender Health, WPATH, (en galego, Asociación Profesional Mundial para a Saúde Transxénero), e anteriormente denominada Asociación Internacional da Disforia de Xénero Harry Benjamin (HBIGDA), é unha organización profesional dedicada ó estudo e tratamento do transxénero. A organización foi creada por Harry Benjamin, un dos primeiros médicos que traballaron con transexuais, e recompila os Estándares de Coidado para a Saúde de transxéneros (transexual e persoas non conformes co seu xénero, entre outros) e tamén proporciona información para profesionais e pacientes, patrocina conferencias científicas e ofrece directrices éticas para profesionais.[1][2]
A primeira versión dos Estándares de Coidado publicáronse en 1979 e a súa última versión, a 7ª, data do ano 2011.[3][4]