XCP, ou na súa identificación en inglés Universal Measurement and Calibration Protocol é unha interface de lectura e escritura nos accesos dunha ECU, enfocado á recollida de medidas de calibración de sensores ou outros instrumentos que precisen ser calibrados. O x en XCP referencia á gran variedade de protocolos de calibración sobre os que pode traballar (CAN, CAN FD, Ethernet, Flexray...). O acceso a parámetros e variábeis de medida faise baixo un principio de táboa de direccións. As propiedades dos valores e a súa dirección de memoria veñen descritas nun ficheiro de formato A2L. O A2L contén toda a información requirida para habilitar o acceso a esa dirección de memoria e interpretar a información recollida. XCP está deseñado como unha solución master-slave. Un controlador contén un driver de protocolo que responde a peticións de acceso por parte do master.
O método funciona de xeito universal, aínda que é principalmente empregado para calibrar sensores dun vehículo, non está limitado a sistemas embebidos ou ECUs. XCP pode empregarse para adquirir medidas de axuste de parámetros de calquera aplicación de software, incluso dunha simulación de PC.[1]