XMM-Newton | |
---|---|
Tipo | Observatorio espacial |
Organización | ESA |
Destino actual | En servizo.[1] |
Data de lanzamento | 10 de decembro de 1999, 14:32 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Ariane 5G[3][5] |
Sitio de lanzamento | Centro Espacial de Kourou[3][6] |
Obxectivo da misión | Observación do ceo en raios X.[3][6] |
NSSDC ID | 1999-066A |
Masa | 2400,0 kg[3] |
Potencia | 1000 vatios[3] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 66.935 km[1] |
Inclinación | 70,1 graos[1] |
Apoapse | 114.399,7 km[1] |
Periapse | 6729,5 km[1] |
XMM-Newton, coñecido inicialmente só como XMM (acrónimo de X-ray Multi-Mirror, é un observatorio espacial da ESA lanzado o 10 de decembro de 1999 mediante un foguete Ariane 5G desde o Centro Espacial de Kourou.[2][3][5][6]
XMM-Newton é un observatorio espacial en raios X que leva tres telescopios a bordo, cada un composto por 58 espellos concéntricos de alta precisión feitos de níquel e recubertos de ouro para proporcionar a maior superficie posible de recolección (un total de 120 m2). O observatorio está composto por tres seccións:[3][5][6]
A nave estabilízase nos tres eixos e a alimentación eléctrica é proporcionada por dous paneis solares que en total dan unha envergadura ao observatorio de 16 m. O sistema de control de posición do observatorio permite seguir obxectivos cunha precisión de 0,025 segundos de arco durante un intervalo de dez segundos. XMM-Newton tamén leva a bordo un monitor óptico, un telescopio de 30 cm de apetura no rango visible e no ultravioleta para observar nesas bandas a mesma zona do ceo que é observada en raios X. As enerxías observables por XMM-Newton vande 0,1 a 10 keV cunha resolución espacial de ata 30 segundos de arco.[3][5][6]
XMM-Newton leva os seguintes instrumentos a bordo:[3][5][6]
Os datos recollidos sobre o movemento e luminosidade en clústeres de galaxias afastados en diferentes direccións fan pensar que o universo pode non ser isótropo, expandíndose de xeito diferente en diferentes direccións.[7]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: XMM-Newton |