A 36 edición dos Premios Goya, entregados pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas de España, recoñeceu o mellor do cinema español en 2021 e tivo lugar no Palau de les Arts Reina Sofia de Valencia o 12 de febreiro de 2022,[1] sendo a primeira vez en que se entregan os premios nesta cidade.[2] As candidaturas para cada unha das categorías déronse a coñecer o 29 de novembro de 2021 polos actores Nathalie Poza e José Coronado,[1] e foron un total de 160 películas as que entraron en competición polos premios.
A gala non contou con presentadores propiamente senón que, os premios, foron presentados por varios actores e cineastas coñecidos.[3] Esta foi a primeira vez na que se presentou un premio non competitivo como recoñecemento a persoeiros relevantes do cine internacional.[4] Así, nesta edición se lle outorigou ese premio á actriz australiana Cate Blanchett, que lle foi entregado por Penélope Cruz e Pedro Almodóvar.[4]
A película triunfadora da gala foi El buen patrón, que gañou seis premios dos 20 nomeamentos que tiña, entre eles o de mellor director e mellor película. A sorpresa foi Las leyes de la frontera, que conseguiu catro. Maixabel, tiña 14 nomeamentos[1] e gañou tres, entre elas a de mellor actriz para Blanca Portillo. Pola contra, Madres paralelas non gañou ningún premio a pesar de contar con oito nomeamentos.[1][5][6]
Mellor película | Mellor dirección |
---|---|
Mellor interpretación masculina protagonista | Mellor interpretación feminina protagonista |
|
|
Mellor interpretación masculina secundaria | Mellor interpretación feminina secundaria |
|
|
Mellor guión orixinal | Mellor guión adaptado |
| |
Mellor dirección novel | Melor dirección artística |
|
|
Mellor actor revelación | Mellor actriz revelación |
|
|
Mellor película documental | Mellor película de animación |
|
|
Mellor dirección de produción | Mellor montaxe |
|
|
Mellor fotografía | Mellor son |
|
|
Mellor música orixinal | Mellor canción orixinal |
|
|
Mellor deseño de vestiario | Mellor maquillaxe e peiteado |
|
|
Mellores efectos especiais | Mellor curtametraxe de ficción |
|
|
Mellor curtametraxe documental | Mellor curtametraxe de animación |
|
|
Mellor película estranxeira de fala hispana | Mellor película europea |
Premio Goya de Honra | Premio Goya Internacional |
![]() |
![]() |
Película | Nomeamentos | Premios |
---|---|---|
El buen patrón | 20 | 6 |
Maixabel | 14 | 3 |
Madres paralelas | 8 | 0 |
Las leyes de la frontera | 6 | 5 |
Mediterráneo | 3 | |
Libertad | 2 | |
Josefina | 3 | 0 |
La hija | 2 | |
La vida era eso | ||
Love Gets a Room (El amor en su lugar) | ||
Chavalas | ||
Quién lo impide | 1 | 1 |
Way Down | ||
Valentina | ||
The Monkey | ||
Tótem Loba | ||
Mama | ||
Ama | 0 |