Xenxibre do Himalaia | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Hedychium gardenarium | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||
'Hedychium gardnerianum' Sheppard ex Ker Gawl. (1824) |
O xenxibre do Himalaia[1] (Hedychium gardnerianum) é unha especie herbácea rizomatosa, proveniente da zona do Himalaia, que acada uns 2,4 m de alto, con longas follas dun verde intenso que envolven os seu grandes talos.
A especie é cultivada como planta ornamental; prefire un clima cálido, aínda que pode crecer no exterior en rexións tépedas que teñan xeadas lixeiras ou ocasionais. As fragantes flores amarelas con estiletes vermellos, que brotan en densas espigas, aparecen cara a finais do verán. Esta especie considérase unha mala herba nalgunhas rexións. Por exemplo, está listada como planta invasiva en Nova Zelandia e Hawai,[2] por onde se coñece como 'wild kahili ginger'. Está incluída na lista das 100 das especies exóticas invasoras máis daniñas do mundo da Unión Internacional para a Conservación da Natureza.[3]
Debido ao seu potencial colonizador e constituír unha ameaza grave para as especies autóctonas, os hábitats ou os ecosistemas, esta especie foi incluída no Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, regulado polo Real Decreto 630/2013, de 2 de agosto, estando prohibida en España a súa introdución no medio natural, posesión, transporte, tráfico e comercio.[4]