Xerónimo | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Geronimo: An American Legend |
Director | Walter Hill |
Produtor | Neil Canton Walter Hill |
Guión | John Milius |
Intérpretes | Wes Studi Jason Patric Robert Duvall Gene Hackman Matt Damon Pato Hoffmann Rodney A. Grant |
Música | Ry Cooder |
Fotografía | Lloyd Ahern |
Montaxe | Donn Aron Carmel Davies |
Distribuidora | Columbia Pictures |
Estrea | 10 de decembro de 1993 |
Duración | 110 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Drama, Western |
Orzamento | $35 000 000[1] |
Recadación | $18 635 620 |
Na rede | |
Xerónimo (en inglés: Geronimo: An American Legend) é unha longametraxe dirixida por Walter Hill e protagonizada por Wes Studi, que foi estreada en 1993.
O filme conta os feitos que conduciron á captura do xefe apache Gerónimo en 1886. Os indios apache accederon obrigados polo goberno dos Estados Unidos a vivir recluídos nunha reserva. Non todos os apaches son quen de adaptarse á vida sedentaria dos produtores de millo, e un en particular, Gerónimo, está inquedo. Empurrado polas promesas rotas e as malas accións por parte do goberno, Xerónimo e outros trinta guerreiros forman unha guerrilla de ataque contra o goberno co fin de reclamar o que é seu por dereito.