O xigante Og é un personaxe mitolóxico xudeu, era rei de Baixan, un dos reinos de xigantes, que segundo a versión xudía do Antigo Testamento situábanse nas beiras do río Xordán.
De acordo o Xénese, Og salvouse do diluvio universal sentando no tellado da Arca de Noé. No Deuteronomio(3,11) descríbese o seu leito coma un obxecto prodixioso, feito de ferro e dun gran tamaño.
No Berakot, un dos tratados do Talmud descríbese a súa morte a mans de Moisés. Og ergueu sobre a súa cabeza unha montaña duns doce quilómetros cadrados para lanzala sobre os israelitas que chegaban á Terra Prometida dende Exipto. Porén Deus intercedeu, e enviou formigas que desfixeron a montaña, que caeu sobre o seu pescozo. Posteriormente Moisés lanzoulle unha lanza nun nocello impedindo a súa fuxida e provocándolle a morte debido ó peso da montaña.