Nome orixinal | (gl) Xosé Bernárdez Boluja | |||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacemento | 1 de outubro de 1935 Santiago de Compostela, España | |||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 12 de marzo de 2018 (82 anos) Morga, España | |||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | ciclista | |||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1958 - 1968 | |||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | ciclismo de competición | |||||||||||||||||||||||||||||||
|
Xosé Bernárdez Boluja, nado en Santiago de Compostela o 1 de outubro de 1935 e finado en Morga (Biscaia) o 12 de marzo de 2018,[1][2] foi un ciclista galego.
Desenvolveu a súa carreira profesional entre os anos 1958 e 1968 e foi en Biscaia onde estableceu a base competitiva. Os seus principais éxitos foron as vitorias no Gran Premio de Llodio e no Campionato de España de fondo en estrada para independentes, e máis o Subcampionato de España de Montaña en Ruta, tódalas vitorias no ano 1961. Porén a súa actuación máis memorable produciuse no Campionato do Mundo de ciclismo dese ano, cando chegou á meta no primeiro grupo de 14 corredores, onde se atopaban tódolos ases mundiais do momento e no sprint final obtivo o 4º posto, só superado por Rik Van Looy, Nino Defilippis e Raymond Poulidor.[3]