![]() ![]() | |
Nome orixinal | (fr) Jean Ier d'Alençon ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 2 de xuño de 1385 ![]() Essay, Francia ![]() |
Morte | 25 de outubro de 1415 ![]() Arras, Francia ![]() |
Causa da morte | morto en combate ![]() |
Actividade | |
Ocupación | militar ![]() |
Carreira militar | |
Conflito | Guerra dos Cen Anos ![]() |
Outro | |
Título | Duque ![]() |
Familia | Dinastía Valois ![]() |
Cónxuxe | Maria da Bretanha ![]() |
Fillos | João II d'Alençon ![]() |
Pais | Pedro II de Alençon ![]() ![]() |
Irmáns | Catherine of Alençon Marie d'Alençon ![]() |
Descrito pola fonte | The Nuttall Encyclopædia >>>:Jean IV. ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Xoán III de Alençon chamado "o Sabio"[1], nado en 1385 e finado en Azincourt en 1415, foi conde, logo Duque de Alençon, conde de Perche e barón de Sainte Suzanne, fillo de Pedro II de Alençon e María Chamaillard. Foi o primeiro na liña que levou o título de duque.
Sucedeu moi novo ao seu pai e viviu un período de axitación, no medio das faccións que dividían o círculo de Carlos VI de Francia o Tolo. Apoiou a Lois I de Orleáns e asolou as terras dos partidarios dos borgoñóns no Vermandois, despois participou nas tomas de Saint-Denis e Saint-Cloud. Carlos VI, mentres asediaba aos duques de Berry e Borbón en Bourges, enviou a Luís de Anjou contra Xoán de Alençon, que tivo que se someter ao rei e acompañouno nos cercos de Compiègne, Noyon, Soissons, Bapaume e Arràs. O rei armouno cabaleiro ante Bapaume e erixiu Alençon como ducado-paria en 1414.
Henrique V de Inglaterra invadiu Francia e os dous exércitos atopáronse na batalla de Azincourt. No momento deste gran combate, Xoán de Alençon, que dirixiu o exército francés, amosou a mesma temeridade que o seu antepasado en Crécy; dise que antes de morrer matou a Eduardo, duque de York, feriu a Humphrey, duque de Gloucester, e cortou un adorno da coroa de Henrique V de Inglaterra, pero finalmente foi superado pola garda real inglesa e cando se ía render foi morto polo nobre galés Dafydd Gam.
Casou o 26 de xuño de 1396 con María da Bretaña (1391 - 1446), filla de Xoán, Duque da Bretaña e Xoana de Navarra e tiveron a:
Tamén tivo fillos ilexítimos:
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xoán III de Alençon ![]() |