Xplora | |
---|---|
![]() | |
Inicio das emisións | 1 de maio de 2012 |
Fin das emisións | 5 de maio de 2014 (Televisión) 5 de xuño de 2014 (Internet) |
Propiedade de | Atresmedia Televisión |
Formato da imaxe | 576i (SDTV), 16:9 |
Datos de audiencia | 0.3% (maio de 2014, FormulaTV) |
País | ![]() |
Lingua | Castelán |
Área de emisión | ![]() ![]() |
Canle/s irmá(s) | Antena 3 laSexta Neox Nova laSexta3 Antena 3 HD laSexta HD |
Na rede
| |
Páxina web de laSexta3 | |
![]() ![]() ![]() |
Xplora foi unha canle de televisión española privada, de ámbito nacional, que emitía en dixital e operada por Atresmedia que emitía a través da TDT. Comezou as súas emisións regulares o 1 de maio de 2012 e cesounas o 5 de maio do 2014 na televisión en aberto.[1] Durante un mes, ata o 5 de xuño do 2014, Xplora emitiuse en Internet a través de Atresplayer.[2] A súa oferta estaba baseada en documentais internacionais.
O 4 de febreiro de 2012, José Miguel Contreras desvelou, na rede social Twitter, unha nova canle en substitución de laSexta2, cun novo nome e cun modelo de grellas diferentes.
O 12 de marzo comunicouse que laSexta2 se transformaría nunha canle de documentais, tendo a Discovery Max como principal competidor.[3]
O 1 de maio Xplora comezou as súas emisións cun 1,2% de share no seu primeiro día, superando a MTV e a Energy.[4] Ademais, desde o primeiro momento, Xplora ofrece toda a súa programación en directo a través de Internet.[5]
Alén disto, antes de decantarse por transformar laSexta2 nunha canle de documentais, o grupo barallou a posibilidade de convertela nunha canle infantil, recuperando a marca Megatrix.[6] No entanto, esta opción foi descartada ó considerar que xa existían demasiadas canles dirixidas ós nenos ou mozos, como Disney Channel, Clan e Boing, o cal supoñería maior dificultade para atoparlle un oco rendible.
A canle cesou as súas emisión o 5 de maio do 2014, como consecuencia dunha sentenza xudicial do Tribunal Supremo que anulou a concesión de nove canles da TDT, debido a que foron outorgadas sen o preceptivo concurso público que rexe a Lei Audiovisual.[7][8][9]
Porén, Xplora continou as súas emisións a través de Internet en Atresplayer durante catorce horas ao día.[10][11]
Finalmente, Xplora cerrou as súas emisións online o 5 de xuño de 2014, despedíndose dos seus espectadores definitivamente. Desde ese momento, moitos dos seus contidos puideron seguir véndose a través das canles de Atresmedia e na sección de documentais de Atresplayer[2]
Xplora era unha canle dedicada ós documentais en todos os xéneros: culturas, o noso mundo, tecnociencia, natureza, historia... con producións norteamericanas e británicas de cine documental e documentais de telerrealidade. Para iso, a canle contaba con títulos de especialistas en documentais como BBC, National Geographic, History Channel, HBO, Zodiak, Fremantle, Cineflix ou Rive Gauche, que foron algúns dos provedores de Xplora.[12]
Aínda que ó principio a canle só emitía documentais, a súa programación tamén incluíu programas de telerrealidade. Os seus programas máis emblemáticos foron:
O último documental que emitiu Xplora foi Empeños a lo bestia, un dos documentais máis vistos da devandita canle.
Evolución da cota de pantalla mensual, segundo as medicións de audiencia elaborados en España por TNS.[13] Están en letra grosa e azul os meses en que foi líder de audiencia.
Xaneiro | Febreiro | Marzo | Abril | Maio | Xuño | Xullo | Agosto | Setembro | Outubro | Novembro | Decembro | Media anual | |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2012 | - | - | - | - | 1,1%** | 1,1% | 1,5% | 1,4% | 1,2% | 1,3% | 1,6% | 1,6% | 1,3%[14] |
2013 | 1,5% | 1,5% | 1,6% | 1,6% | 1,7% | 1,8% | 1,9% | 2,0%* | 1,7% | 1,6% | 1,6% | 1,6% | 1,7%[14] |
2014 | 1,7% | 1,6% | 1,5% | 1,7% | 0,3% | - | - | - | - | - | - | - | 1,6%[14] |
* Máximo histórico. | ** Mínimo histórico.