Ya no estoy aquí | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Ya no estoy aquí |
Director | Fernando Frías de la Parra |
Produtor | Gerardo Gatica Alberto Muffelmann Gerry Kim Fernando Frías de la Parra |
Guión | Fernando Frías de la Parra |
Intérpretes | Juan Daniel García Treviño Yahir Alday Angelina Chen |
Fotografía | Damian García |
Montaxe | Yibrán Asuad Fernando Frías de la Parra |
Estudio | Panorama Global PPW Films |
Distribuidora | Netflix |
Estrea | Festival de Morelia: 21 de outubro de 2019 |
Duración | 112 minutos |
Orixe | México |
Xénero | Drama |
Na rede | |
https://www.netflix.com/it/title/81025595 | |
Ya no estoy aquí é un filme mexicano de 2019 escrito e dirixido por Fernando Frías de la Parra. Está protagonizado por Juan Daniel García Treviño e Angelina Chen, e o elenco componse de actores non profesionais. O guión foi completado en 2013, e orixinalmente foi publicado como unha historia curta antes de ser adaptado a unha longametraxe.[1] O filme estreouse nos cinemas o 27 de febreiro de 2020 e recibiu valoracións positivas por parte da crítica.[2] Tamén se estreou a través de Netflix o 27 de maio de 2020.[3][4] Foi escollido como candidato de México para o Óscar ó mellor filme internacional na 93ª edición dos premios,[5] chegando a clasificarse na lista curta de febreiro.