Yamaguchi-gumi

Yamaguchi-gumi
Logo
Tipoorganización criminal
Data de fundación1915
Fundador(es)Harukichi Yamaguchi
EnNada-ku
PaísXapón
34°43′12″N 135°13′35″L / 34.72, 135.22636111
editar datos en Wikidata ]

O sexto Yamaguchi-gumi (六代目山口組 Rokudaime Yamaguchi-gumi?) é a principal organización yakuza do Xapón. Fundouna Harukichi Yamaguchi en Kobe en 1915 e é unha das meirandes organizacións criminais do mundo. Segundo a policía do Xapón en 2007 tiña 20400 membros activos e 18600 asociados,[1] o que supón o 45% de todos os membros de yakuzas.

A súa estrutura é piramidal: no cumio sitúase un kumichō (組長) (xefe), por tras están quince shatei (舎弟) (irmán máis novo) e 86 wakachū (若中) (nenos). O seu actual[cando?] kumichō é Shinobu Tsukasa, que mantén unha política expansionista dirixida cara a Tokio, tradicionalmente fóra da súa zona de influencia,[2] e fóra do Xapón.[3]

  1. National Police Agency, ed. (abril de 2008). "ja:平成19年の暴力団情勢" (PDF) (en Japanese). p. 3. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de novembro de 2015. Consultado o 01 de setembro de 2015.  Arquivado 03 de decembro de 2016 en Wayback Machine.
  2. McCurry, Justin (28 de agosto de 2015). "Japanese police bracing for gang war as Yamaguchi-gumi mafia group splits". The Guardian via MSN. Arquivado dende o orixinal o 02 de setembro de 2015. Consultado o 01 de setembro de 2015. 
  3. "Tokyo death sparks gang war". BBC. 8 de febreiro de 2007.