Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de decembro de 1912 Daegu, Corea do Sur |
Morte | valor descoñecido |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema |
Yoon Yong-gyu (en coreano, 윤종규), nado o 29 de decembro de 1912 en Daegu, Corea (daquela parte do Imperio xaponés),[1] tamén coñecido como Yun Yong-kyu, foi un director de cinema coreano.
Nado en Daegu, cando Corea formaba parte do Imperio do Xapón. Fixo o seu primeiro filme Maeumui gohyang (Un fogar no corazón) (1949) en Corea do Sur, antes de desertar a Corea do Norte pouco antes do comezo da Guerra de Corea de 1950-1953. Aló, proseguiu a súa carreira como cineasta e, en 1952, comezou a traballar como director do Estudio Nacional de Cinema de Corea do Norte (국립영화촬영소).[1]
O clásico Maeumui gohyang, de 1949, foi editado en DVD en 2011 pola Federación Coreana de Arquivos Cinematográficos e en Blu-ray en 2023 por Blue Kino,[2] foi unha das películas coreanas máis importantes feitas despois da liberación do dominio xaponés. Baseada na obra teatral de Ham Se Deok, Tongseung (O pequeno monxe),[3][4] narra a historia de Do-seong, un neno monxe (Yoo Min) abandonado pola súa nai nun mosteiro budista, que devece polo seu retorno.
Stanley Park fixo unha nova versión en 2014 titulada 내마음의고향, Nae maeumeui goyang (Un fogar no meu corazón).[5]
Sonyeon ppaljjisan (Guerrilleiros adolescentes), de 1951, rodada durante a guerra, foi unha das primeiras películas norcoreanas.