Nome orixinal | (ja) 吉田羊 |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (ja) 吉田 羊右子 3 de febreiro de 1974 (50 anos) Kurume, Xapón |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Xapón |
Altura | 163 cm |
Actividade | |
Ocupación | actriz , intérprete |
Período de actividade | 1997 - |
Lingua | Lingua xaponesa |
Premios
| |
|
Yō Yoshida (吉田 羊 Yoshida Yō?), nada o 3 de febreiro de 1974 en Kurume, é unha actriz xaponesa.
Naceu na prefectura de Fukuoka, situada no norte da illa de Kyūshū. Logo de rematar a secundaria na súa cidade natal marchou a Toquio. En 1997 debutou como actriz nun pequeno teatro tras ver un anuncio dunha compañía teatral[1]. A súa primeira aparición no cinema foi en 2009 no filme 20th Century Boys. En 2015 recibiu o premio á mellor actriz secundaria no "VIII Festival Internacional de Drama de Tokio"[2] e o premio Hōchi de cinema[3].