Nome orixinal | (ja) 榎戸洋司 |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 27 de setembro de 1963 (60 anos) Prefectura de Shiga, Xapón |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Xapón |
Educación | Kyoto College of Art (en) |
Actividade | |
Ocupación | guionista , novelista , letrista |
Empregador | Telenet Japan (en) |
Lingua | Lingua xaponesa |
Obra | |
Obras destacables
| |
|
Yōji Enokido (榎戸 洋司 Enokido Yōji?), nado na prefectura de Shiga o 27 de setembro de 1963, é un guionista e novelista xaponés. Escribiu guións para series e filmes como Sailor Moon, Neon Genesis Evangelion, Revolutionary Girl Utena, FLCL,[1] RahXephon, Melody of Oblivion, Ouran High School Host Club, Nodame Cantabile, Redline, Star Driver, Captain Earth,[2] Bungo Stray Dogs e The Dragon Dentist.[3] Tamén escribiu tres volumes da novelización de FLCL, que se estrearon nos Estados Unidos por Tokyopop dende 2008 até 2009.[4] Antes de convertirse en guionista, era un empregado da empresa Nippon Telenet Corporation que se centraba en servizos de comunicación por computador persoal MSX.