"Zero" | |||||
---|---|---|---|---|---|
sinxelo de The Smashing Pumpkins | |||||
do álbum Mellon Collie and the Infinite Sadness | |||||
Lanzamento | 23 de abril de 1996 | ||||
Formato | {{{formato}}} | ||||
Gravada | 1995 | ||||
Xénero musical | rock alternativo | ||||
Lingua(s) | {{{lingua}}} | ||||
Duración | 2:41 | ||||
Discográfica | Virgin Records | ||||
Produtor(es) | Flood, Alan Moulder e Billy Corgan | ||||
Escritor(es) | Billy Corgan | ||||
Cronoloxía | |||||
| |||||
Miscelanea | {{{miscelanea}}} |
"Zero" é unha canción da banda estadounidense de rock alternativo The Smashing Pumpkins. Foi o terceiro sinxelo do seu álbum Mellon Collie and the Infinite Sadness, publicado o 23 de abril de 1996. A portada é unha fotografía da moza de Billy Corgan nesa época, Yelena Yemchuk, que tamén dirixiu o videoclip.[1]
A diferenza da maioría dos sinxelos, "Zero" foi publicada como un EP en incluía o tema "Pastichio Medley", un popurrí de partes de cancións das sesións do Mellon Collie... que na súa meirande parte non se editaron. O popurrí dura 23 minutos e ten máis de 70 cancións.[2] O popurrí tamén ten fragmentos de temas que foron editados; O anaco da canción "Disconnected" é un riff dunha primeira versión de "The Aeroplane Flies High (Turns Left, Looks Right)" (orixinalmente cara b do sinxelo "Thirty-Three")[3] é o riff chamado "Rachel" rematou sendo o tema do álbum "X.Y.U.". Finalmente, na reedición de 2012 de Mellon Collie aparecen varios temas do "Medley" publicados como versións completas.[4]
O tema "Tribute to Johnny" é unha homenaxe instrumental ao guitarrista Johnny Winter.[5]