Zgjoi | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Zgjoi |
Director | Blerta Basholli |
Produtor |
|
Guión | Blerta Basholli |
Intérpretes |
|
Música | Julien Painot |
Fotografía | Alex Bloom |
Montaxe |
|
Estudio |
|
Distribuidora | Zeitgeist Films Kino Lorber (USA) |
Estrea | Sundance: 31 de xaneiro de 2021[1] |
Duración | 84 minutos |
Orixe | Kosovo Albania Macedonia do Norte Suíza |
Xénero | Drama |
Na rede | |
Zgjoi é un filme kosovar de 2021 dirixido por Blerta Basholli, no seu debut como directora. O filme está protagonizado por Yllka Gashi, Çun Lajçi e Aurita Agushi.[2] Estreouse no Festival de Cinema de Sundance o 31 de xaneiro de 2021 e converteuse no primeiro filme da historia do festival en gañar os tres premios principais: o Gran Premio do Xurado, o Premio da Audiencia e o Premio ó mellor director, na competición de Cinema Dramático do Mundo.[3] Foi escollido como candidato de Kosovo para o Óscar ó mellor filme internacional na 94ª edición dos premios,[4] clasificándose na lista curta de decembro.
Unha muller, Fahrije, cun marido desaparecido, vai en contra das expectativas misóxinas da sociedade para converterse nunha empresaria. Comeza a vender o seu propio ajvar e mel, recrutando outras mulleres no proceso.