Zindagi Tamasha | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Zindagi Tamasha |
Director | Sarmad Khoosat |
Produtor | Kanwal Khoosat |
Guión | Nirmal Bano |
Intérpretes |
|
Música |
|
Fotografía | Khizer Idrees |
Estudio | Khoosat Films |
Distribuidora | IMGC Global |
Estrea | Festival de Busan: 6 de outubro de 2019 |
Duración | 138 minutos |
Orixe | Paquistán |
Xénero | Drama |
Na rede | |
Zindagi Tamasha é un filme paquistaní de 2019 dirixido por Sarmad Khoosat,[1] cuxo título está inspirado nunha canción de Naukar Wohti Da (1974).[2] Foi producido pola irmá de Khoosat, Kanwal Khoosat e foi escrito por Nirmal Bano. Está protagonizado por Arif Hassan, Eman Suleman, Samiya Mumtaz e Ali Kureshi.[3] O filme tiña prevista a súa estrea o 24 de xaneiro de 2020 baixo o selo Khoosat Films, mais a Xunta Central de Censores de Cinema de Paquistán pediulle ó director que se achegase ó Consello de Ideoloxía Islámica para que revisase criticamente o seu filme. O filme amosa un retrato íntimo dunha familia que vive en Lahore.[4][5]
Foi escollido como candidato de Paquistán para o Óscar ó mellor filme internacional na 93ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[6]