Un zoco é un calzado rústico, semellante a unha zoca, coa sola de pau e a empeña de coiro, que se amalloa e cobre o nocello. Tamén recibe os nomes de chanca, chanco, galocha, galocho ou tamanca.
O zoco evolucionou a partir de padróns de madeira máis sinxelos, con correolas o a partir das simples zocas feitas totalmente en madeira, que polo xeral se usaban por baixo dos zapatos de coiro ou tela para elevar o pé por riba da lameira e o esterco dos camiños. Os máis humildes que non podían se permitir mercar zapatos levaban a madeira directamente contra a pel, deste xeito se desenvolveu o zoco, feito en parte de pau e en parte de coiro. Alternativamente, xa se tiña descrito a zoca na época romana, posibelmente antes, polos pobos celtas.[1]
Durante a Revolución Industrial inglesa usábanse acotío cando os traballadores industriais precisaban calzado forte e barato. Homes e mulleres levaban zocos atados e abrochados respectivamente, os fechos eran de latón gravado ou máis comunmente de aceiro. As zocas usáronse nas cidades industriais [2] mais tamén nos peiraos do peixe de Londres, as feiras de froita, ou as minas de Kent.[2]
Asócianse moito na mente popular co baile pois con eles bailábase nos muíños de todo o occidente europeo, e de feito son a orixe dos zapatos de claqué. Hoxe en día aínda se usan na industria[1] e son particularmente vantaxosos nas industrias metalúrxicas onde poden se producir labras quentes ou derrames de metal fundido.
O oficio de zoqueiro segue vivo en Galicia con algunha empresa que elabora zocos de vangarda e tradición.[3]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Zoco |