Zona glomerulosa | |
---|---|
Capas do córtex adrenal | |
Latín | Zona glomerulosa |
Gray's | pág.1278 |
Dorlands/Elsevier | 12869730 |
A zona glomerulosa ou glomerular da glándula adrenal é a capa máis superficial do córtex adrenal, está situada xusto debaixo da cápsula renal. As súas células son ovoides e están dispostas en grupos ou arcos (glomus en latín significa 'bóla'). Tínguense moi ben porque os seus núcleos se concentran densamente. Producen a hormona aldosterona.
En resposta ao aumento dos niveis de potasio, a presenza de renina ou a diminución do fluxo sanguíneo nos riles, as células da zona glomerulosa producen e segregan o mineralocorticoide aldosterona ao sangue como parte do sistema renina-anxiotensina.[1] Aínda que unha produción sostida de aldosterona require unha entrada persistente de calcio a través de canles de Ca2+ activadas por voltaxe baixa, as células da zona glomerulosa illadas considérase que non son excitables, e teñen voltaxes de membrana rexistrados que están demasiado hiperpolarizados como para permitir a entrada polas canles de Ca2+.[2] Con todo, nos ratos as células da zona glomerulosa en preparacións de cortes adrenais xeran espontaneamente oscilacións no potencial de membrana de baixa periodicidade; esta excitabilidade eléctrica innata das células da zona glomerulosa proporciona unha plataforma para a produción dun sinal reiterado das canles de Ca2+ que pode ser controlado pola anxiotensina II e o potasio extracelular, os dous maiores reguladores da produción de aldosterona.[2]
A aldosterona regula a concentración no corpo de electrólitos, principalmente de sodio e potasio, ao actuar sobre o túbulo contornado distal dos nefróns dos riles para:
O encima aldosterona sintase (tamén chamada CYP11B2) actúa neste lugar.[3][4] A expresión de proteínas específicas de neuronas nas células da zona glomerulosa dos tecidos adrenocorticais humanos foi predita e atopada por varios autores[5][6][7] e suxeriuse que a expresión de proteínas como a molécula de adhesión celular neural (NCAM) nas células da zona glomerulosa reflicte o carácter rexenerativo destas células, as cales perderían a inmunorreactividade NCAM despois de moverse á zona fasciculada.[5][8] Porén, xunto con outros datos sobre propiedades neuroendócrinas das células da zona glomerulosas, a expresión de NCAM pode reflectir unha diferenciación neuroendócrina destas células.[5] Detectáronse canles de calcio dependentes de voltaxe na zona glomerulosa do córtex adrenal humano, o que indica que os bloqueadores de canle de calcio poden influenciar directamente a biosíntese adrenocortical de aldosterona in vivo.[9]