Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (eu) Alexander Petxarroman Eizagirre ![]() 6 de febreiro de 1997 ![]() Donostia, España ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Outros nomes | Petxa ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,79 m ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Defensa central, lateral e centrocampista defensivo ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Alexander "Álex" Petxarroman Eizaguirre, nado en Donostia o 6 de febreiro de 1997, é un futbolista español que xoga como lateral dereito no Deportivo da Coruña, da Segunda División.
Comezou a xogar ao fútbol no Antiguoko, ingresando en 2010 na canteira da Real Sociedad.[1] Entre 2015 e 2017 xogou no segundo filial do club vasco, o CD Berio FT na Terceira División, disputando 50 partidos oficiais.
Para a tempada 2017/18 saíu cedido ao Gernika, da Segunda División B.[2] Aínda que non puido debutar ata xaneiro de 2018 por unha lesión nun nocello, acabou sendo unha peza importante do equipo tras facerse coa titularidade na posición de lateral dereito, despois de anos xogando como defensa central e incluso mediocentro.[1]
No verán de 2018 regresou á Real Sociedad, que o asignou ao seu filial, o Sanse, tamén da Segunda B. Axiña se fixo cun posto no once titular de Imanol Alguacil e xogou de inicio a maioría de partidos da tempada 2018/19. Con todo, o seu bo momento de xogo viuse interrompido en outubro de 2019 por unha grave lesión de xeonllo, ao romper o ligamento cruzado nun partido ante o Barakaldo, o que lle fixo perder case toda a campaña.[3] Tralo seu regreso aos campos de fútbol, foi peza clave e capitán do equipo na triunfante tempada 2020/21, na que o conxunto adestrado por Xabi Alonso conseguiu o ascenso á Segunda División despois de 59 anos de ausencia.[4]
Despois de once anos na estrutura da Real, abandonou o club en xuño de 2021, ao non chegar a un acordo coa directiva sobre a renovación do seu contrato.[5]
En de xullo de 2021 asinou un contrato de tres anos co máximo rival histórico da Real, o Athletic de Bilbao.[6][7] E foi precisamente nun derbi vasco contra a Real Sociedad en Anoeta o 31 de outubro de 2021, onde debutou co Athletic na Primeira División, substituíndo a Óscar de Marcos na segunda metade.[8] Disputou un total de 19 encontros co equipo bilbaíno, todos agás dous saíndo dende o banco de suplente.
Para a campaña 2022/23, o Athletic cedeuno ao FC Andorra, equipo que viña de ascender á Segunda División.[9] No club do Principado volveu sufrir problemas coas lesións, polo que só puido disputar 13 encontros.
No verán de 2023 regresou brevemente ao Athletic, co que realizou unha xira por México, pero acabou sendo traspasado definitivamente ao Andorra.[10] Na súa segunda campaña en Andorra, xa con máis continuidade, xogou 31 encontros, 27 deles como titular, pero non puido evitar o descenso do club á Primeira Federación.
En xullo de 2024 fichou polo Deportivo da Coruña, que acababa de ascender á Segunda División na tempada anterior.[11]
Club | Tempada | Liga | Copa | Outros[a] | Total | |||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
División | PX | G | PX | G | PX | G | PX | G | ||
Real Sociedad C | 2015/16 | Terceira División | 27 | 1 | — | — | 27 | 1 | ||
2016/17 | 23 | 0 | — | — | 23 | 0 | ||||
Total club | 50 | 1 | — | — | 50 | 1 | ||||
Gernika (cesión) | 2017/18 | Segunda División B | 13 | 1 | — | — | 13 | 1 | ||
Real Sociedad B | 2018/19 | Segunda División B | 33 | 0 | — | — | 33 | 0 | ||
2019/20 | 6 | 1 | — | — | 6 | 1 | ||||
2020/21 | 18 | 2 | — | 2 | 0 | 20 | 2 | |||
Total club | 57 | 3 | — | 2 | 0 | 59 | 3 | |||
Athletic Club | 2021/22 | Primeira | 17 | 0 | 2 | 0 | 0 | 0 | 19 | 0 |
Total carreira | 137 | 5 | 2 | 0 | 2 | 0 | 141 | 5 |