Álvaro

Álvaro[1] é un nome propio masculino galego. Procede do xermánico ala (todo) e warja (defensa). En galego ten a variante Alvar e os hipocorísticos Varo e Varocho.[1]

En xaneiro de 2023 existían 6.681 varóns en Galicia co nome Álvaro, cunha media de idade de 32,7 anos,[2] e 10 co nome Alvar, cunha media de idade de 24 anos.[3]

Outras linguas

[editar | editar a fonte]
  • Àlvar: catalán
  • Alvaro: italiano
  • Álvaro: castelán, portugués
  • Alwar: polaco

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]