Álvaro Arnedo

Modelo:BiografíaÁlvaro Arnedo
Nome orixinalÁlvaro Arnedo González
Biografía
Nacemento9 de xuño de 1996 Editar o valor en Wikidata (28 anos)
Logroño, España Editar o valor en Wikidata
Altura1,78 m.
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista

Álvaro Arnedo González, nado en Logroño o 9 de xuño de 1996, é un futbolista español que xoga como centrocampista no Rayo Majadahonda, da Primeira División RFEF.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formado nas canteiras do Comillas e da UD Logroñés, debutou co filial deste último na tempada 2015/16. Disputou o seu primeiro partido co primeiro da UD Logroñés o 3 de xaneiro de 2016, xogando os últimos 11 minutos dunha vitoria por 0-2 ante o Lealtad na Segunda División B.[1] Para a tempada 2016/17 foi cedido ao CD Varea, da Tercera División.

De regreso en Logroño pasou a ser membro do primeiro equipo e converteuse nun habitual dos onces titulares do adestrador Sergio Rodríguez. En marzo de 2018 sufriu unha grave lesión de xeonllo nun partido ante o Arenas Club de Getxo,[2] que o obrigou a tres cirurxías e a afastarse dos terreos de xogo durante dous anos e medio, ata setembro de 2020.[3]

Durante a súa ausencia o equipo rioxano ascendeu á Segunda División, categoría na que Arnedo debutou o 29 de novembro de 2020, ante o Mallorca.[4] Con todo, só xogou dous partidos máis co equipo e o 1 de febreiro do ano seguinte rescindiu o seu contrato para fichar polo Portugalete, de Segunda B.[5]

Para a tempada 2021/22 regresou á súa cidade natal, fichando pola SD Logroñés, da Primeira División RFEF, categoría na que militou tamén durante as seguintes tempadas vestindo as camisetas de Linares e Rayo Majadahonda.[6]

  1. "Del debut ante el Lealtad a la titularidad en Lezama" (en castelán). 9 de setembro de 2020. Consultado o 11 de outubro de 2023. 
  2. Martínez Glera, José (9 de abril 2020). "Dos años de pasión y sufrimiento" (en castelán). Consultado o 11 de outubro de 2023. 
  3. Martín, Manuel (6 de setembro de 2020). "Arnedo vuelve a sonreír 992 días después: “He llorado porque veía que quería y no podía”" (en castelán). Consultado o 11 de outubro de 2023. 
  4. "Al Mallorca se le puso todo de cara y el líder acabó goleando". Marca (en castelán). 29 de novembro de 2020. Consultado o 11 de outubro de 2023. 
  5. "Álvaro Arnedo, baja del mercado invernal blanquirrojo" (en castelán). 2 de xaneiro de 2021. Consultado o 11 de outubro de 2023. 
  6. Ramos, Manu (5 de xullo de 2023). "El mediocentro Alvaro Arnedo ficha por el Rayo Majadahonda y deja a la afición del Linares entre lágrimas y pesadumbres" (en castelán). Consultado o 12 de outubro de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]