Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2016.) |
(2022) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de outubro de 1989 (35 anos) Pontevedra, España |
Secretario de Estado de España | |
12 de outubro de 2021 – 23 de novembro de 2023 | |
Deputada de España | |
19 de xullo de 2016 – 5 de marzo de 2019 Lexislatura: XII lexislatura de España Circunscrición electoral: Pontevedra Electa en: Eleccións xerais de España de 2016 | |
Deputada de España | |
8 de xaneiro de 2016 – 3 de maio de 2016 Lexislatura: XI lexislatura de España Circunscrición electoral: Pontevedra Electa en: Eleccións xerais de España de 2015 | |
Datos persoais | |
Educación | Universidad Nacional de Educación a Distancia - Mestrado (2017–2019) Universidade de Vigo - Mestrado (2012–2014) Universidade de Santiago de Compostela - filosofía (2008–2012) |
Actividade | |
Ocupación | filósofa, política |
Partido político | Podemos |
Membro de | |
Movemento | Feminismo |
Ángela Rodríguez Martínez, coñecida como Pam, nada en Pontevedra o 2 de outubro de 1989, é unha política galega.
Licenciada en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela. Posgrao en Pensamento Contemporáneo. Investigación e creación en Arte Contemporánea. É secretaria de Coordinación e Igualdade de Podemos Galicia. Número dous da candidatura de En Marea para as Eleccións xerais de 2015 pola provincia de Pontevedra, foi elixida deputada. Repetiu candidatura nas Eleccións xerais de 2016.
Nas Eleccións xerais de abril de 2019 foi candidata na lista de En Común-Unidas Podemos ao Congreso pola Provincia de Pontevedra. Repetiu candidatura nas Eleccións xerais de novembro do mesmo ano, pero non saíu elixida en ningún dos casos. Logo da formación dun goberno de coalición no estado entre o PSOE e Unidas Podemos, Pam exerceu de asesora no Ministerio de Igualdade.[1], baixo as ordes da ministra Irene Montero. Logo da dimisión a finais de setembro de 2021 da gaditana Noelia Vera, Pam pasou a ser a nova secretaria de estado de Igualdade[2].
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ángela Rodríguez Martínez |