Ángeles Mastretta

Modelo:BiografíaÁngeles Mastretta
Nome orixinal(es) María de los Ángeles Mastretta de Aguilar Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento9 de outubro de 1949 Editar o valor en Wikidata (75 anos)
Puebla de Zaragoza, México Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Nacional Autónoma de México Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, escritora Editar o valor en Wikidata
Participou en
2016Santiago International Book Fair 2016 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeHéctor Aguilar Camín Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Twitter: magamastretta BNE: XX863044 Discogs: 905137 Editar o valor en Wikidata


Ángeles Mastretta, nada en Puebla o 9 de outubro de 1949, é unha escritora e xornalista mexicana, colecida por crear personaxes femininos suxestivos e ficcións que reflicten as realidades sociais e políticas de México.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

É filla do xornalista Carlos Mastretta,[1], quen traballaba vendendo coches. É irmá de Daniel e Carlos Mastretta, creadores do automóbil Mastretta MXT. Quedou orfa de pai aos vinte anos e comezou a traballar de xornalista mentres estudaba na Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da Universidade Nacional Autónoma de México, na que ingresou en 1971, cando chegou a Cidade de México.[2] Como colaboradora ocasional publicaba en medios como Excélsior, La Jornada, Proceso e Ovaciones. Neste último tiña a columna Del absurdo cotidiano, na que escribía de temas diversos[2].

O Centro Mexicano de Escritores concedeulle unha bolsa en 1974, e comezou a traballar con autores como Juan Rulfo, Salvador Elizondo ou Francisco Monterde. Entre 1975 e 1977 foi directora de Difusión Cultural da ENEP-Acatlán, e despois pasou a dirixir o Museo del Chopo. En 1982 comezou a traballar no consello editorial da revista feminista FEM, no número 24. Repetiu ao ano seguinte no número 25, e seguiu de forma máis constante do 29 ao 40 en 1985.

Xunto con Germán Dehesa participou no programa de televisión La almohada, dedicado a charlas e entrevistas (1998). Ten un blog titulado Puerto libre[3] e escribe regularmente na revista Nexos,[4], da que é membro do consello editorial. O seu marido, Héctor Aguilar Camín, dirixiu a publicación entre 1983 e 1995. Colabora de forma esporádica en periódicos estranxeiros como Die Welt e El País.

A súa filla Catalina Mastretta tamén é escritora.[5]

É militante feminista, e fundou e organizou grupos como a Unión de Mujeres Antimachistas en Cidade de México.

  • Arráncame la vida (1985)
  • Mujeres de ojos grandes (1990)[6]
  • Mal de amores (1996)
  • Ninguna eternidad como la mía (1999)
  • El cielo de los leones (2003)
  • Mujeres de ojos grandes (1990)
  • Puerto libre (1993)
  • El mundo iluminado (1998)
  • Maridos (2007)
  • La emoción de las cosas (2013)
  • El viento de las horas (2015)
  • La pájara pinta (1978)
  • Desvaríos (1996)

Adaptacións

[editar | editar a fonte]

Premios e recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  1. "Ángeles Mastretta: La mujer y su obra" Arquivado 14 de marzo de 2013 en Wayback Machine., artigo de Carlos M. Coria-Sánchez en Victoria 147, 5 de marzo de 2013 (acceso 18 de maio de 2013) (en castelán).
  2. 2,0 2,1 "Con la precisión del arrebato", entrevista de Ron Telchman; revista Nexos, n.º 112, 1 de abril de 1987 (en castelán)
  3. "Blog Puerto Libre". 
  4. Artigos de Mastretta en Nexos
  5. "Todos los días son nuestros". 
  6. "Mujeres de ojos grandes". 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]