O áptico (Aptychus) é unha estrutura exclusiva das amonitas.
O termo do latín científico Aptychus (plural Aptychi) está tirado do grego antigo ἀ- 'privativo' e πτυχή ptyché, 'dobra', 'prega',[1]
Era un tipo de opérculo calcificado que se situaba cerca da abertura da cuncha do animal e funcionaba a modo de "porta", protexendo as partes brandas do individuo unha vez pechada, ou talvez unha especie de mandíbula como a dalgúns cefalópodos modernos.
Está composto por un par de pezas simétricas de calcita, que teñen a aparencia das valvas dos bivalvos, das que se diferencian porque as estrías de crecemento encóntrans na parte cóncava.
A función exacta deste dispositivo segue a ser incierta. Algúns autores considérano como un dispositivo da mandíbula, mentres que outros pensan que é un opérculo. Puido ter, quizais, unha función similar á da cuncha da cabeza do náutilo actual.[2][3][4]
Nalguhnas amonitas os ápticos encontrábanse dentro das cámaras de habitación, en cuxo caso serían estruturas mastigadoras de individuos malacófagos, é dicir, comedores de organismos con cuncha.
Son difíciles de encontrar ao lado da cuncha das amonitas ás que pertenceron debido a que a cuncha seguiría flotando unha vez morto o organismo, mentres que o áptico se desprendería ao descompoñérense as partes brandas.
Os ápticos (ou Aptychi) encóntranse a miúdo ben conservados como fósiles, pero rara vez se encontran canda as cunchas de ammonitas. Isto foi a cuasa de que inicialmente se clasificaran como un tipo de bivalvos. Encóntranse en rochas desde o Devoniano ao Cretáceo. Existen moitos tipos de ápticos, que varían na súa forma e nas estruturas das súas superficies internas e externas, pero debido á rareza do seu descubrimento cerca do resto da cuncha, a pertenza de moitos deles a unha amonita particular segue sendo incierta.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Áptico ![]() |