![]() (2015) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de marzo de 1963 ![]() Borgarfjarðarsýsla, Islandia ![]() |
Educación | Royal Danish Academy of Fine Arts (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Literatura infantil e xuvenil, drama, ilustración e deseño gráfico ![]() |
Ocupación | escritora, ilustradora, dramaturga, escritora de literatura infantil, deseñadora ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Sitio web | aslaugjonsdottir.com ![]() |
![]() ![]() |
Áslaug Jónsdóttir, nada en Borgarfjarðarsýsla o 31 de marzo de 1963, é unha escritora islandesa de literatura infantil, así como ilustradora e escritora de obras de teatro.[1][2][3]
Medrou preto de Borgarfjörður, no oeste de Islandia, e despois asistiu ó Menntaskólinn við Hamrahlíð en Reiquiavik. Posteriormente estudou en Copenhagen, Dinamarca, na Skolen for Brugskunst.
Publicou o seu primeiro libro infantil de ilustracións en 1990. O seu traballo máis recente inclúe a colaboración das tamén autoras Kalle Guettler (sueca) e Rakel Heimisdal (feroesa) nunha serie de libros de "Monstros" publicados orixinalmente en islandés, sueco e feroés, comezando con Nei! sagði litla skrímslið (traducido ó galego en 2014 co título Monstro pequeno di non!) en 2004.[1]
En 2002, ela e Andri Snær Magnason colaboraron en Sagan af bláa hnettinum que gañou o Premio de Literatura Infantil Nórdica e que foi traducido a numerosas linguas, entre elas o inglés.[4]