Ørsted / Orsted / Oersted | |
---|---|
![]() Maqueta do satélite Oersted. | |
Tipo | Científico |
Destino actual | En órbita.[1] |
Data de lanzamento | 23 de febreiro de 1999, 10:29 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Delta 7920[2][5] |
Sitio de lanzamento | Base Vandenberg da Forza Aérea[2][6] |
Obxectivo da misión | Estudo da magnetosfera terrestre.[2][6] |
NSSDC ID | 1999-008B |
Masa | 60,8 kg[5] |
Potencia | 54 vatios[2] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 7110 km[1] |
Inclinación | 96,4 graos[1] |
Apoapse | 839,3 km[1] |
Periapse | 640,6 km[1] |
Ørsted, tamén coñecido como Orsted ou Oersted e bautizado así en honor do físico danés Hans Christian Ørsted, é un satélite artificial lanzado o 23 de febreiro de 1999 mediante un foguete Delta 7920 desde a Base Vandenberg da Forza Aérea dos Estados Unidos en Santa Bárbara, California.[2][5][6]
A misión de Oersted foi estudar con alta precisión e sensibilidade o campo magnético terrestre e a contorna de partículas cargadas que rodean a Terra.[1][2][5][6]
Oersted foi lanzado como carga secundaria nunha órbita case sincrónica solar. Estabilizábase mediante gradente gravitatorio grazas a un mastro de oito metros de lonxitude, mentres que o control de actitude se conseguía grazas a tres torques magnéticos. Os datos gardábanse nunha memoria interna de 16 MB de capacidade.[2]
O satélite dedicouse a dous campos principais: analizar como se xera o campo magnético no núcleo terrestre e como se comporta o plasma na magnetosfera.[2]
Oersted levaba a bordo dous magnetómetros, unha cámara de estrelas para determinar a súa actitude, un detector de partículas de estado sólido e un receptor GPS.[2]