Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (gl) Álvaro Fernández Carreras 23 de marzo de 2003 (21 anos) Ferrol, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,86 m | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Lingua | Lingua galega e lingua castelá | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Lateral | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 33 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Álvaro Fernández Carreras, nado en Ferrol o 23 de marzo de 2003, é un futbolista galego que xoga como lateral esquerdo no Benfica, da Primeira Liga.
Comezou a xogar ao fútbol nas categorías inferiores do Galicia de Caranza e do Racing de Ferrol, entrando en 2012, con nove anos, na canteira do Deportivo da Coruña [1]. En 2017, despois de cinco anos no equipo coruñés, ingresou na estrutura do Real Madrid, onde pasou tres anos, os dous primeiros nos equipos cadetes e o terceiro no xuvenil C.[1]
Para a tempada 2020/21 fichou polo equipo sub-23 do Manchester United, co que competiu durante dous anos na Premier League 2, ademais de xogar tamén algúns encontros co equipo sub-18.[1] Disputou o EFL Trophy, a FA Youth Cup e a Liga Xuvenil da UEFA, sendo un habitual das aliñacións titulares e pechou o seu paso polas categorías inferiores do Manchester cun total de 62 partidos, 7 goles e 13 asistencias.
Foi tamén convocado por Ralf Rangnick para os catro últimos partidos do primeiro equipo, aínda que non chegou a saír do banco de suplentes.[1]
Para a tempada 2022/23 foi cedido ao Preston North End do Championship, segunda categoría do fútbol inglés.[2] Debutou o 30 de xullo de 2022, substituíndo ao irlandés Robbie Brady na segunda parte dun partido ante o Wigan Athletic, e acabou a tempada cun total de 42 partidos e 6 asistencias.
En setembro de 2023 anunciouse o seu regreso a España, cedido por un ano ao Granada.[3] Debutou na Primeira División na quinta xornada da tempada 2023/24 ante o Girona no Nuevo Los Cármenes, substituíndo nos minutos finais a Bryan Zaragoza.[4] Disputou un total de 14 partidos, 6 deles como titular, ata xaneiro, cando o Manchester anunciou que o xogador deixaría de xogar en Granada para facelo en Lisboa, cedido no Benfica.[5]
Debutou co Benfica nas semifinais da Taça da Liga ante o Estoril e tres días despois xogou o seu primeiro encontro na Primeira Liga, nun partido ante o Gil Vicente no estadio da Luz no que substituíu na segunda parte ao brasileiro Morato.[6][7] Pechou a campaña con 14 partidos, 6 deles como titular, e un gol ante o Farense.
En maio, o Manchester United anunciou que o Benfica exercera a súa opción de compra sobre o xogador, duns 6 millóns de euros.[8]
En 2019 disputou dous partidos coa selección española sub-19, fronte a Israel. O 8 de setembro de 2023 debutou coa selección sub-23, nunha goleada por 0-6 ante Malta.[9]
Foi convocado pola selección galega para o partido contra Panamá disputado no Estadio de Balaídos o 31 de maio de 2024, que finalizou con derrota (0–2).[10]